27.6.16

A incompatibilidade das pizzas e as grandes empresas de roupa.

É ben coñecido por todos iso de que cando un se vai vivir só e comeza a universidade sempre engorda. Pois eu non fun menos. A miña dieta continuaba igual, pero sempre hai diversos factores que axudan a que os quilos se asenten (ademais das pizzas en parella dos fins de semana, claro). E dende esa cada vez que vou de compras saio sen nada, e a veces incluso cabreada. A día de hoxe é moi difícil sentirse a gusto con unha mesma, gustarse, mirarse no espello e non dicir “uf, aquí sobra barriga”.
 Todo isto é por culpa de marcas, de grandes empresas que pretenden que todas sexamos por un igual: delgadas, altas, a veces case sen cadeiras. Só hai que fixarse en cando queres comprar un pantalón: vas mirando as tallas e hai cinco pantalóns da talla 32, e dous da talla 38. E como non, estes últimos están ao final. Despois está tamén o problema de que unha 36 non che entra, pero unha 38 che sobra. E esa moda de ter que levar os pantalóns tan axustados! E que haxa miles de camisetas para ensinar barriga, e moi poucas das clásicas.
O que quero dicir é que estamos expostos a vestir o que nos queiran poñer. Que moitas persoas, ben porque lles gusta ou porque non se dan conta, cambian de estilo cada temporada, poñendo o que Inditex mostra nos seus escaparates: hoxe pantalóns apretados, mañá frouxos, agora saias axustadas e despois con moito voo…
E que pasa coas que non encaixamos tan ben dentro do que nos propoñen? Pois que moitas veces acabamos con baixa autoestima, pensando que igual si que nos sobran catro ou cinco quilos, que para vestir esa camiseta ou ese vestido hai que adelgazar, e que comparada coa que está no probador do lado, estás gorda.
Pois eu o outro día fíxenme unha promesa a min mesma: non vou volver sentirme mal. E sobre todo, vou intentar comprar canto menos, mellor, en empresas como Inditex, Primark… Hai que ter en conta tamén que para que nós poidamos comprar uns pantalóns de 40€ (que para min xa é impensable!), moitos nenos e nenas, e moitas persoas en xeral, están sendo explotadas, tratadas de mala maneira, e todo por un salario que para nós sería impensable.

Non quero permitir que alguén me diga como me teño que sentir ben. Que alguén me diga que co cu ou co peito que saquei xa non entro nunha determinada talla, que eles mesmos marcan como lles dá a gana. Quero seguir comendo pizzas e hamburguesas, pasteis e tortas. Quero seguir disfrutando, saboreando a vida. As tallas son simples números que intentan facernos sentir mal, de onde derivan moitos problemas.  

3 comentarios:

  1. Carai coa moza, mudaches algo de rexistro pero segues a ter moi bo son. E tes moita razón (creo), hai que ter coidadiño cos "entalladores"...

    ResponderEliminar
  2. Hola!!!
    Pasé por aquí para agradecer tu precioso comentario en mi blog! ( El rincón de la luna) Gracias por tu tiempo!
    Me gusta mucho tu blog! Me quedaré por aquí con tu permiso!
    Un abrazo!

    ResponderEliminar
  3. https://anna-historias.blogspot.com.es te envio mi blog de poesia por si quieres pasar a visitarla gracias

    ResponderEliminar

Grazas!

Os que me seguen