22.6.16

Ola de novo!

Como pasa o tempo, oe. Hai uns cantos anos comecei a escribir guiada pola necesidade de expresar o que sentía ao mundo, e pouco a pouco creei un universo onde eu era a protagonista e podía illarme de todo o que me rodeaba. Escribía porque o necesitaba, para recrear os meus sentimentos, para compartilos, para recibir consellos, para comprenderme, Pero dende esa cambaron moitas cousas. A parte de que xa non escriba en castelán, senón en galego.
A veces chega un momento no que necesitas pasar páxina e deixar atrás todo o que te está destruíndo pouco a pouco. Hai que dar un paso máis, confiar en novas persoas, esas que desinteresadamente che tenden a man.
Por iso borrei todo o que había aquí (non sen antes descargalo para poder gardalo sempre). Quería deixar atrás unha etapa na que, a pesar de terme feito moi feliz, necesitaba poñer punto e final.
Diso fai xa dous anos e medio, o que parece moitísimo tempo. Dende esa doume tempo a medrar, a superarme, a alcanzar metas que me propuxen… E a día de hoxe estou feliz co que conseguín, pero nunca de todo. Son unha persoa que sempre quere máis, que durante o camiño se queixa, se rende e volve intentalo mil veces, pero que pasiño a pasiño chega a onde quere. E hoxe estou onde quero.
Estou estudando para mestra de educación primaria en Compostela. Isto fíxome coñecer xente marabillosa.Teño a miña familia ao meu carón, e aínda que os membros se van perdendo pouco a pouco, iso tamén me fixo medrar, e sobre todo, valorar o que teño. A miña parella está comigo sempre, nas boas e nas malas.
Como balance de todo o que levo vivido…
Na vida hai momentos en que me gustaría tirar todo pola ventá, escapar ao medio do monte e berrar ben alto. Pero pouco a pouco, grazas aos que teño comigo, son capaz de controlar eses pequenos momentos de angustia que a veces me invaden, e non renderme nunca.

Hoxe podo dicir que son feliz.

3 comentarios:

Lady Stonem dixo...

Me alegro mucho de que estés de vuelta. La vida trata de seguir avanzando ¿no? y eso significa que en ocasiones debemos pasar página.
Una pregunta ¿Cómo te puedes descargar las entradas y eso? Te agradecería mucho que me contestases, siempre he tenido esa duda.
Un beso :)

Re menor. dixo...

Para descargar el contenido del blog hai que ir a configuración, otros, e importar contenido.
¡Gracias por tu comentario!

...nacho! =X! dixo...

Muchas gracias otra vez por pasarte, no eran palabras mías, pero si pienso exactamente eso y lo que tu comentaste.

Me ha gustado mucho esta entrada, muy bonita :)

Os que me seguen