9.7.16

Días raros.

Hai veces na vida nos que te atopas totalmente perdida. Pensas que nos dezanove anos que vas facer en setembro non lograches nada do que querías, non conseguiches alcanzar moitas das metas propostas, e por encima, ultimamente o vento parece que sopra en contra.
Hoxe foi un día raro e difícil. Ás portas de facer o meu primeiro exame de recuperación en xullo teño unha morea de sensacións que loitan entre elas no meu estómago, de aí o malestar.  Por un lado está a presión, esa de que se suspendo este exame podo quedar sen beca para o seguinte ano na universidade e isto implicaría ter que deixar os meus estudos. E por outro está o enfado polo mal funcionamento da universidade, todas as queixas que presentamos e ninguén nos dá nin unha solución nin unha desculpa.

Pois hoxe é un deses días que digo “quero estar soa”, pero soa quere dicir contigo. Quero non pensar no resto do mundo, pero que ti sexas quen me acolla hoxe. Necesito as forzas que só ti es capaz de transmitirme. Necesito que me mires coa mirada firme e me digas non estás soa. Pero agora mesmo, no meu cuarto, non hai ninguén. 

3 comentarios:

María Perlada dixo...

A veces las cosas no salen como deberían salir, pero siempre mirando desde el lado positivo se logran las metas.

Encantada de volver a estar en tu blog.

Un beso.

AtHeNeA dixo...

Hay días así ,
Sensaciones entremezcladas y por una u otra razón nos sobrevuela la necesidad ese abrazo que sostenga nuestra fe y nos de alas .

Te dejo el mío por si pueda ayudar.

Xan Do Río dixo...

Veume á cabeza esta canción. Unha aperta.
https://www.youtube.com/watch?v=6SgmS_kb6zU

Os que me seguen