14.7.16

Welcome to London!

Quen sabe se os bicos
volverán delatar o que o un
sentimos polo outro.

Quen sabe se as nosas miradas
se volverán atopar
para prender lume ás nosas mans
nunha habitación distinta.

Viaxarán,
fugaces,
polo corpo do outro.

Atravesarán barreiras
que un día estaban prohibidas
pero foron vencidas.

A roupa caerá
e os teus suspiros,
seguidos dos meus,
quedarán para sempre agochados
nunha habitación de Londres.

    Domingo chegaremos  a Londres e pasaremos alí dúas semanas.
As nosas primeiras vacacións
(fóra de Galiza.)

3 comentarios:

  1. Y se deslizarán los besos húmedos bañando las pieles y brotarán las caricias hasta ser melodías de emociones la todas.

    Un beso.

    ResponderEliminar
  2. Ainss el movil escribe a su aire disculpa quise decir ...latidas.

    ResponderEliminar
  3. Me gusta tanto como escribes, transmites mucho!
    Un beso :3

    ResponderEliminar

Grazas!

Os que me seguen