9.8.16

Afogo.

Ultimamente parece que isto se me queda corto, que afogo na realidade que me rodea cada día.
Fai unhas semanas estaba en London coa miña parella. Fomos por quince días a facer un curso de inglés e ao mesmo tempo foron as nosas “vacacións” de verán. Era a primeira vez que pasabamos tanto tempo xuntos fóra do país e resultou ser unha moi boa experiencia que ambos queremos repetir.
Alí as cousas eran distintas: estaba lonxe da casa, non pensaba nos problemas e preocupacións de aquí, non me agobiaba por nada… eran os nosos quince días.
Pero as cousas volveron ao mesmo: preocupacións, medos, estrés…
Este curso pasado non foi todo o ben que esperaba. Deixei a residencia familiar para acceder á universidade e tiven que buscar un piso para compartir. A convivencia tardou tan só un mes e medio en facerse imposible e non atopaba por onde saír daquel labirinto que me consumía a cada momento que pasaba entre as catro paredes da miña habitación. Trataba de estar no piso o menor tempo posible, escapaba para outra cidade coa miña parella sempre que podía, faltaba a clases e mesmo cheguei a ir a recuperacións de xuño por primeira vez na miña vida.

Este ano pedín praza nunha residencia que me queda moi cerca da facultade e na que ademais teño xa bastantes amigos. Pero debido a que as miñas notas baixaron non a conseguín. Estou pendente do cambio pero de forma consciente ou inconsciente, non podo sacarme da cabeza o medo a pasar por un ano igual ou peor. Algo que pensara que deixara atrás fai tempo volveu a min esta última semana e parece que quere quedar por un tempo. Vencer os medos nunca foi fácil, pero hai que loitar e tirar para diante. 

2 comentarios:

  1. A veces en la vida nos encontramos con laberintos sin salida de miedos y bloqueos.

    No, no es fácil vencer los miedos, pero hay que salir adelante como sea.

    Un beso enorme.

    ResponderEliminar

Grazas!

Os que me seguen