25.8.16

Momentos fugaces.


Gústame escribirche cando non estás. Dalgunha forma faime sentir preto de ti. Búscote entre os meus recordos e pensamentos e aí apareces, disposto a darme esa gota de inspiración que preciso. 
Gústame porque podo imaxinarte como queira, pero sempre caio no mesmo. Sempre apareces entrando pola porta, cunha mochila onde gardas a equipaxe para a fin de semana. Sorrís desde a entrada, sen dicir nada.  Déixala no chan e quitas a chaqueta. Despois a camiseta, e finalmente o pantalón. Acércaste á cama, e durante media hora perdémonos no corpo do outro.
Os meus labios viaxan dende a túa boca, pasando lentamente polo teu peito. As túas mans vagan, indecisas, polas miñas cadeiras. Suspiras, e volvo bicarte. Cambian de dirección e as miñas seguen as túas, baixando fugaces. Deixamos escapar un leve xemido ao mesmo tempo e os dous abrimos os ollos. Mirámonos na escuridade e sorrimos deixando libres outros tantos. Agárrasme das cadeiras e movémonos mentres de fondo soa Watch over you. Pola miña cara esvara unha bágoa que recolles cun bico no meu pómulo. E coa última frase, but I'm long gone, caemos ao mesmo tempo.



5 comentarios:

María Perlada dixo...

Escribir en un momento de soledad para intensificar esos momentos recordados de la piel sobre la boca o el tacto de las manos, recordar los bellos momentos guardados en la piel del alma.

Un beso.

Quijo - Meli Polo Fdez dixo...

Bonita recreación! :)

Un abrazo!

...nacho! =X! dixo...

Bonito e intenso, así son las mejores cosas!

Un abrazo! :)

Jorge Ampuero dixo...

Certero e intenso texto.
Un placer leerte por aquí.

Saludos.

Antony G. Martínez dixo...

Siempre me pareció el galego un idioma tan seductor, que es imposible no sentirse seducido al escuchar ese acento.
Pero si encima leo esto... ¡Me matas!

Atentamente,
Un diario personal más

Os que me seguen