17.9.16

Setembro.

Sempre me gustou setembro. E non xustamente por iso de ter que volver ao colexio ou á universidade. Volver deixar atrás a túa casa para instalarte nun piso ou nunha residencia, durmir nunha cama que non é a túa, madrugar, exames, traballos…. Calquera diría que setembro non é un bo mes. Pero a min gústame o cheiro que hai nas rúas, ese que di que o verán vai chegando ao  seu fin e as primeiras follas das árbores empezarán a caer pronto. Que aínda que os días vaian a menos, ás 9 aínda sexa de día. Saír polas noites e que non faga frío, deitarse polas tardes nunha carballeira, ler un libro só co ruído da auga do río. Ademais recórdame ao bo tempo que facía fai tres anos, cando te coñecín. Non sei se era porque estabas instalando o verán na miña vida, pero dende aquela setembro é distinto, sempre vén cargado de recordos. 

6 comentarios:

María Perlada dixo...

Te gusta Septiembre, porque sabe a él, porque está lleno de recuerdos, por el olor a las calles y mucho más.

En cambio a mí, Septiembre, me sabe a despedida de verano, a la vuelta a la normalidad, el adiós a las calles con gente, y las tardes de luz.

Un beso.

Gumer Paz dixo...

Coincidimos en gustos. Septiembre como transición al otoño, al ralentí del verano, a ropa de entretiempo, olor a piel autentica sin aceite bronceador y a la arena fria en los pies mientras paseo por la orilla con un jersey de ochos de cuello alto.
Un beso :)

Xan Do Río dixo...

Qué entrada máis bonita!, agora púxechesme a pensar e busco na memoria, quén instalaría a miña primavera, o meu outono, o meu verán o meu mes de abril, vexo que os aires da ría do Nervión estanche a sentar ben, moita sorte. Bicos.

Sbm dixo...

Setembro e o outono en xeral é a mellor época polo menos pra mín pra escomenzar novos proxectos. O bo que teño (e teño pouco bo) é que non me quedo nas verbas, senon que tiro adiante.

Unha aperta e sorte, rapaza.

ANNA dixo...

Te dejo mi blog de poesia por si quieres criticar gracias.
Me gusta mucho el tuyo.
http://anna-historias.blogspot.com.es.

Alocada dixo...

Te sigo ya! Septiembre siempre es un mes de volver a comenzar, de un nuevo aire fresco, a mi antes no me gustaba nada este mes siento sincera. Pero desde hace un año este mes es un mes de nuevas emociones, de recuerdos y olores en las calles como tu dices, de nuevos retos.
Un beso cielo!

Os que me seguen