15.1.17

Necesito dicilo.

Ultimamente atópome bastante perdida. Teño dezanove anos e estou en segundo ano de carreira. Ata hoxe sempre fun  capaz de levar os estudos ao día e realmente a única preocupación que tiña era poder chegar á universidade. Pero desde que cheguei a esta a visión da vida cambioume completamente. Considérome madura para a idade que teño e aínda que cando vexo os problemas cara a cara por primeira vez achico, á segunda son capaz para eles. Creo que son traballadora, que me esforzo polo que quero e que me marco límites para conseguilos e satisfacerme. Pero agora que conseguín estar onde quero estudando o que quero… realmente é un mundo que me apaixona o dos nenos e nenas, pero a universidade e o sistema empéñanse en poñernos trabas para que non consigamos os nosos obxectivos. Non hai máis que desigualdades, preferencias, desinterese, falta de profesionalidade… e cada día atópome máis cansa e con menos ganas de acabar o que empecei. Sei que o farei porque é unha das metas que me marquei e porque sei que para chegar a onde quero, teño que pasar por aquí. Pero estou cansa, de aturar, de calar, de non queixarse porque “pode ser peor”. Estou cansa, porque estou nun momento da miña vida en que teño presión por estudar e acadar uns bos resultados para conseguir unha beca ao ano seguinte, e a paixón vai quedando máis de lado cada día. 

4 comentarios:

Gumer Paz dixo...

Hola Re. Creo que es como en los entrenamientos deportivos. Es mejor hacerlo en dias alternos. El cuerpo ha de recuperarse del esfuerzo y el sobreentrenamiento es perjudicial y pasa factura.
Lo mismo pasa al cerebro que ha de dormir para regenerarse.
En los estudios supongo que sucederá igual. Tal vez un descanso sirva para cargar las pilas...
Un placer pasar por tu blog y leer tus cosas. Me he ayudado del traductor automático de Google. Disculpa si no lo he entendido como debiera.
Un beso :)

María Perlada dixo...

También se necesita tiempo para descansar, ya verás como conseguirás los objetivos, verás como lo terminarás bien, no te des por vencido, todo llega, pero hay que tener paciencia, y sobre todo, el descanso es fundamental para poder estudiar.

Mucho ánimo.

Un beso.

...nacho! =X! dixo...

Muy de acuerdo respecto al pensamiento de Islandia, justo eso que me decias pienso yo. Esto que reflejas en esta entrada por experiencia te aconsejare que lo importante es disfrutar cada dia aunque suene muy tópico, es evidente que las obligaciones están para algo pero sin duda disfruta cada día pasándoselo bien el resto llegra e irás cumpliendo con todo.

Un besito!

Xan Do Río dixo...

Claro que o conseguirás, e chegarás a un lugar dende o que poderás loitar contra o que non queres, esa e a meta en realidade. Apertas.

Os que me seguen