13.2.17

Despois duns días en Madrid, penso...



Cando coñeces a unha persoa nunca podes imaxinar o que vén despois. A veces dás con alguén que se converte en só un amigo, pero outras, atópaste con alguén que che revoluciona e che cambia a vida por completo.
Fai catro anos xa que nos coñecemos e aquel día no que non conxeniamos tan ben non diría que hoxe estaría aquí, escribindo isto na túa cama. Non sei como as cousas puideron saír tan ben e como os nosos camiños puideron cruzarse ata o punto de que agora andamos os dous polo mesmo, tentando facer algo intermedio entre o teu e  o meu. Vai xa para tres anos e medio e parece que foi onte cando me poñía nerviosa cando me saudabas e baixaba a cabeza porque me daba vergoña. Hoxe, turnámonos para levar o coche nas nosas viaxes, recorremos albergues e hoteis deixando pegadas doces, visitamos novos lugares, pateamos rúas, enriquecémonos, ti de min, e eu de ti, cada día un pouco máis. Hoxe vivimos a distancia e alimentámonos dos soños, dos plans que facemos, das aventuras que esperamos cumprir, das ganas que temos de todo. Hoxe sei que a miña vida é contigo.

2 comentarios:

Xan Do Río dixo...

Fermoso, víveo coa intensidade que se merece, non gardes nada. Apertas.

Gumer Paz dixo...

Me alegro Re! Se te ve muy feliz! Enhorabuena :)
Muchos besos :)

Os que me seguen