3.5.17

A onde vou?





Hoxe quero falar das inxustizas.
Vivimos nunha sociedade clasista onde os ricos sempre serán ricos e terán poder sobre os pobres. E con pobres refírome á xente que quedou sen traballo, sen fogar, ou que se deixa a pel nun oficio que un mes dá cartos, pero ao seguinte non o sabes.
A política seguirá sendo sempre unha mentira mentres o clasismo siga en pé. Gobernará quen teña cartos, unha dereita corrupta que tapa as mentiras con máis mentiras. Mentres a esquerda seguirá sempre manifestándose en diversas ramas que discuten entre elas en vez de buscar os seus puntos en común e loitar por eles.
Mentres fai un tempo a xente deixaba as aldeas para ir traballar á cidade, hoxe estase producindo o efecto contrario. Quedan sen traballo e volven á casa dos pais, que grazas á súa pequena pensión poden manter fillos e netos. Pero esta non é para sempre.
E nós, como adolescentes que temos toda a vida por diante queremos vivir. Queremos estudar, viaxar, pasalo ben antes de comezar a traballar (se hai traballo) e asentar a cabeza. Pero mentres túa nai e teu pai traballan onde poden para gañar e poder darche uns estudos, ves como tamén as becas do ministerio son cada vez máis pequenas, como se inverte menos en educación, como se recorta persoal docente, recursos, se implantan leis educativas que son incoherentes.
Estou estudando para ser mestra de primaria e o panorama que me encontro é devastador. Nas escolas os mestres e as mestras andan agobiados por ter que cubrir o recorte de persoal, cada vez hai menos recursos e ideas, menos ganas, menos profesionalidade e menos vocación. Na universidade, profesores que nunca trataron cunha clase de nenos de primaria pretenden ensinarme a min como facelo. Promulgan cousas que logo non fan. Mandan traballar sen ser consciente da posible realidade que tes ao teu redor. Non tes recursos, tes que traballar para pagar os teus estudos, tes que axudar na casa por situacións complicadas… Pero nada disto é entendible a ollos dos que te avaliarán a final de curso. Por se fose pouco, o compañeirismo non existe. Traballar en grupo, que é o método de avaliación que prima en maxisterio, acaba sendo unha continua desesperación pola falta de responsabilidade da xente.
E ao remate de cada día déitaste na cama, miras ao teito e pensas “a onde vou?”.
Teño case vinte anos, metade da carreira case feita, e sinto que aínda non conseguín nada.

3 comentarios:

  1. Pois a verdade é que a día de hoxe a carreira é un papel que para pouco serve, pero sempre é un primeiro paso, ánimo e confía na túa capacidade para sair adiante eso é o máis importante, os papéis lévaos o vento con tempo. Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Es una injusticia el que los ricos siempre tengan que tener el poder de todas las cosas, y los pobres tengan menos oportunidades para todo, no hay derecho.

    No te desanimes, preciosa, sigue adelante.

    Me encanta verte aparecer.

    Besos enormes.

    ResponderEliminar
  3. Tienes mucha razón Rm. Estoy contigo. De vez en cuando debemos coger aire, retenerlo un rato y expulsarlo lentamente.
    Por cierto me encanta a foto ;) y cómo la has hecho.
    Muchos besos ;)

    ResponderEliminar

Grazas!

Os que me seguen