1.7.17

É tempo de cambios.



Hoxe quero falar para desafogar, para contar e que alguén me lea. Quero sentir que nalgún lado hai unha persoa que me dedicou un anaco do seu tempo.
Estou en segundo ano de carreira e non é para nada o que esperaba. Estudo nunha universidade que ten moito prestixio e é considerada unha das mellores a nivel estatal. Dous anos despois arrepíntome do momento en que tomei a decisión de matricularme nela. Encántame o que estudo e o que, espero, será o meu futuro traballo. Adoro ós nenos e ás nenas, as súas historias, o cariño que desprenden, os terremotos que provocan. Pero cada día que paso nesta universidade consume un pouco máis a chama da miña vocación. Hai falta de organización, de respecto, de puntualidade, de seguridade. E os alumnos e as alumnas somos sempre os que temos que telo todo a punto, e levamos aínda así a peor parte.
En novembro do ano pasado fixen o meu primeiro período de prácticas nunha aula de primeiro de primaria. Grazas a iso, conseguín que agora os pais dun alumno me chamasen para reforzalo durante o verán. E estou contenta porque será a primeira vez que me dedique eu sola ao que me gusta.
Por outra banda non paro de darlle voltas a todas as cousas que me gustaría facer nesta vida e nunca consigo poñerme unha meta o suficientemente forte como para chegar a ela. Dende que tiña trece anos soño con escribir unha historia e poder publicala. Sempre me gustou ler e o mundo da escritura estivo sempre comigo cando o necesitaba. Pero ao final sempre me acabo rendendo ante o pensamento de que “non serei capaz”.
E digo que é tempo de cambios porque quero que a miña vida xire, comezar a despegar, desfacerme de todo iso que me pesa e non me deixa ser totalmente feliz. Estou cansa de ter sempre unha preocupación, unha nube gris que non deixa que o sol se amose de todo. Estou cansa de empregar a escritura soamente cando estou triste.  
PD:  se algún de vós sabe decirme como podo facer para activar a posibilidade de contestar aos vosos comentarios, agradeceríao. 

5 comentarios:

  1. Ay mi niña siento mucho que estés cansada, pero ya te queda poco si estás en segundo de carrera, es tan solo un esfuerzo más para conseguir terminarla y verás como el día de mañana tendrás un precioso porvenir, sigue adelante, no desfallezcas, por favor.

    Me alegra mucho volver a leerte, siempre que pasas por mi blog, me vengo volando a ver si has publicado algo.

    Besos enormes.

    ResponderEliminar
  2. Hola RM. Tu pon todos tus sentidos en lo que estás estudiando, porque es muy posible que eso sea vital para solucionarte la vida. Ahora no te das cuenta y crees que se te va a pasar el tiempo del ocio, que la vida pasa muy deprisa. Nada de eso. Te presumo joven y vives el presente como si no hubiera un mañana. Sí lo hay y muchos años, muchos por vivir. Y los vivirás de acuerdo a lo que estudies hoy. No dejes que nadie ni nada te ponga obstáculos; es tu vida y nadie la va a vivir por ti. Todo tiene su tiempo. Tranquila.
    Disculpa mis ausencias, estoy de mudanza aun, pero he reservado unos minutos para ti.
    Un beso :)

    ResponderEliminar
  3. Aquí alguien que te lee, es inevitable que durante varios momentos de la carrera, se pase por esas etapas duras que incluso dan ganas de dejarlo, pero con la constancia y el trabajo siempre se llega a la meta te lo aseguro, al igual que el resto de metas que se deseen, al margen de tópicos, en mayor o menor medida si algo lo queremos de verdad y nos llena, hay que ir a por ello y dedicar todas las fuerzas en sacarlo adelante y es muy muy posible que también esa meta llegue.

    Un besito! :)!

    Pd: en cuanto a los comentarios, creo recordar que en los ajustes del blog te deja cambiarlo.

    ResponderEliminar
  4. Desacougar sería o fácil, ti non eres a típica persoa que se rende, o resto é xa amor propio e marcarse horarios. Polo dos estudos, eso pasa na maioría das carreiras, na nosa man tamén está cambialo. Apertas.

    ResponderEliminar
  5. Claro que escribirás esa historia e o de menos e si a escribes cando estás triste ou leda, penso que iso non depende tanto do estado de ánimo como da inspiración e a constancia a partes iguais.
    Inspiración non che falta e bon facer tampouco, adiante con todo, cos estudos e coa escrita.

    Un saúdo

    Podes publicar ou contestar os teus comentarios aquí donde onde deixamos estes, si é que non existe outra complicación.

    ResponderEliminar

Grazas!

Os que me seguen