22.11.17

Un fogar na música.


Quizais chegou o momento, case un ano despois, de explicar o por que.
Amante da miña cultura, a galega, toco a gaita e pandeireta dende os 10 anos e bailo nun grupo de baile tradicional. Despois de 8 anos tocando a gaita deixeina de lado. Gardeina na súa funda e quedou no faiado. Cheguei a sentir incluso fastío*, que perdera o tempo ata ese momento dedicándome a aprender a tocar. Tomei entón como mellor amiga a pandeireta, acompañándome en cada respiro musical que facía. Deixei o grupo e mudei a outro, rodeime de nova xente, xente que me aportaba dita* e coa que conectaba ben.
O ano pasado fixen o meu primeiro período de prácticas dentro da carreira. Tiven a sorte de atoparme cun profesor de música que ademais de querer o seu traballo, era un gran gaiteiro. Empregaba o instrumento nas clases para facer que fosen máis didácticas e amenas, para crear musicalidade e aprender ritmos. Máis sorte aínda foi a conexión que creei con el. As ideas e propostas que compartíamos, e sobre todo, o cariño polo tradicional galego.
E foi aí cando volvín sentir eu o amor pola gaita, cando a vin como un recurso para o meu futuro, para aprender eu e aprenderen os nenos e as nenas comigo, para compartir cos demais, para crear amizades e para expresarme.
Dentro do meu novo grupo de pandeireta apunteime a clases de gaita para retomar o que antes deixara, e volvín ter sorte de novo. Atopeime con outro gran gaiteiro que soubo transmitirme o que eu nese momento precisaba: un fogar na música.



*Fastío: cansazo ou descontento pola falta de interese e atractivo de algo.
*Dita: sensación de pracer e satisfacción total que se ten cando un está completamente a gusto.

6 comentarios:

  1. Pois sí que tes sorte, empezar dende pequena coa gaita e o baile. Outros non tivemos esas inquedanzas, e aínda que nunca é tarde, ao final quedan para outra tempada. Polo menos a guitarra batémola dende hai tempo e teño un bo amigo que é mestre de gaita e é unha ledicia escoitalo. Xa vexo que aprendiches a lección e non voltarás a apartarte da música galega. Apertas.

    ResponderEliminar
  2. La gaita es uno de esos instrumentos a lo que hay que hacerle sonar con amor, verdad?
    Muchos besos RM :)

    ResponderEliminar
  3. Me encanta volver a leerte, mi niña.

    No me desagrada el sonido de la gaita,me resulta curioso.

    Besos enormes y feliz día.

    ResponderEliminar
  4. El sonido de la gaita.. envuelve... un saludo desde Murcia...feliz año...

    ResponderEliminar
  5. É moi grande o poder de transmitir que posúen alguns maestr@s. Alégrome de que se dera a fermosa coincidencia de ter un bo mestre e ser unha alumna con moito afán de aprendizaxe.
    O son que produce a gaita abre no meu ánimo todo un mapa de sensacións profundas, distintas a calquera outro son que escoite.
    Bon Día de Reis!!

    ResponderEliminar

Grazas!

Os que me seguen