8.2.18

Aprendiz.

Canto hai que non escribo? Pois non o sei nin eu. Levaba tempo ao borde do abismo, mirando cando tirarme. Mais agora chegou o momento definitivo, e non me quedou outra que saltar.  
Este salto está sendo o mellor da miña vida. As cousas vanse encamiñando, eu vou aprendendo, e a experiencia vaime servindo para especializarme no que quero. 
Cursando terceiro curso do grao de mestra de educación primaria busquei un centro para facer o meu segundo período de prácticas, no cal, desta vez, tería que desenvolver eu varias clases. Quería cambiar, non volver onde antes, pero tamén seguir quedando no rural. Aí fun un día contra o mediodía, a 
unha vila mariñeira próxima á miña, e abriume as portas da súa aula unha persoa pouco máis maior ca min, con ganas de traballar, de loitar polo cambio.
Levounos pouco máis de dous días empatizar, pero agora sinto que estou xusto onde me gustaría estar. Sinto o cariño todas as mañás de alguén que ademais de amar a súa profesión, gústalle poder ensinarme a min. Sinto o afecto e a calor dunha persoa que me levará lonxe e me contaxiará as súas ganas de ir botando grans pouco a pouco para cambiar este sistema.

11 comentarios:

  1. Moito me aleda leer estas ringleiras, sempre toparás tropezos o caso é non desistir na túa meta, que é meirande. Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Ves? todo llega. Me alegro de que estés bien.
    Un beso RM :)

    ResponderEliminar
  3. Alégrome de que atopases unha desas personas que ás veces aparecen así de súpeto nas nosas vidas e nos saben transmitir o que realmente importa. Alégrome moito, de verdade!
    Bicos e un Feliz Antroido

    ResponderEliminar
  4. A fotografía coa que acompañas o texto é preciosa, ilustra moi ben isa sensación de calor e acouganza cando unha se sinte identificada co que atopa, o que andaba a buscar.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É dun corto animado, chámase Piper :) Bótalle un ollo se podes que está moi ben!

      Eliminar
  5. Me alegra mucho que las cosas estén yendo para adelante, preciosa, y es que la vida nos da un poco de todo, pero también de las cosas malas se aprende.

    Un placer volver a leerte, me alegra mucho.

    Besos enormes, preciosa.

    ResponderEliminar

Grazas!

Os que me seguen