12.4.18

De cando estaba de prácticas.

As reflexións hai que facelas en quente, cando sentes. Hai que sacar os sentimentos fóra, deixalos voar… Se algo estou aprendendo nestas semanas é a importancia dos sentimentos e das emocións, de compartilas. O mundo está formado por un exército de persoas que empregan un escudo para que non poidas chegar a dentro delas, para que non consigas achegarte… Medramos cuns mestres que nos ensinaban que emocionarse non era bo, que chorar estaba mal, cando chorar é das mellores cousas do mundo. Chorar alivia, axuda, e mesmo fai rir. Crecemos avergoñándonos dos nosos sentimentos e agochándoos dentro de nós para que ninguén nolos vise. E agora que? Pregúntome todos os días. Como fago para sacar todo isto fóra, para ensinarlle a alguén o que sinto, como me sinto, a onde quero chegar… As decepcións e os logros son emocións fortes que precisamos compartir, e aquí hai moi pouca xente que queira escoitarme.
O bo de traballar con rapaces e rapazas pequenas é que moitas veces podes ver neles un espello do que ti fuches. E cando ves a súa frustración e descontento por algo que ti xa sentiches, aí, nese momento, a túa cabeza fai “tric”, e sabes que por ti ten que comezar a cambiar o conto. Está claro que ti soa non vas cambiar a educación nin o mundo, pero si podes axudar a que ese teu grupo pequeno de nenos e nenas medren doutra maneira, e que sexan eles quen transmitan o teu legado.

14 comentarios:

  1. Claro que deben expresarse las emociones ¿para qué escondernos por llorar? todo lo contrario hay que dejar que fluyan las lágrimas, que nos ayudan a purificarnos.

    Muy buena reflexión la que haces en esta entrada, y me alegra volver a leerte, preciosa.

    Besos enormes.

    ResponderEliminar
  2. Justo iba a escribir lo mismo que ha dicho María. Mo me queda más que añadir. Solo que no es bueno ocultar los sentimientos. Hay que exteriorizar y no guardar todo en el interior. Y sobre todo rodearte de buena gente y pedir consejo cuando veas necesario.
    Muchos besos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Rodearse de buena gente es muy importante para ser capaz de exteriorizar tus sentimentos.

      Eliminar
  3. Xa tiraches a pedra de neve, agora sopra e sopemos forte para que se faga a meirande bóla posible. Apertas

    ResponderEliminar
  4. Largar lo que uno siente diciéndole a la vida lo que piensas... La claridad de tus textos me fascina

    ResponderEliminar
  5. Saber poñerte no lugar dos raparigos/as falame moi ben de ti. Noraboa por ser unha excelente profesora e por isa sensibilidade que te ennoblece.
    Saúdos dende un Primeiro de maio, soleado, morno e de folganza.

    ResponderEliminar
  6. Otra de las cosas que se aprenden en la vida, es que los sentimientos es mejor plasmarlos y dejarlos fluir, porque en el interior al final se enquistan.

    Muy bonita la entrada para pensar y sentir!

    un besito! :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muy buena esa frase de que al final se enquistan, es justo así.

      Eliminar
  7. Muy clara y concisa..un saludo desde Murcia...

    ResponderEliminar

Grazas!