17.6.20

Nova normalidade


Galiza foi o primeiro territorio en pasar á nova normalidade e por iso quería falar un pouco de como me sentín, aínda que xa sei que isto derivará en sabe deus que.  
Cando decretaron o estado de alarma eu estaba en Compostela, onde resido durante os dez meses de curso académico. Tomeino un pouco a broma, crendo que non habería tantos controles policiais e que en quince días estaríamos xa libres e volvendo á normalidade.
Como traballaba en negro coidando unha nena, quedeime sen traballo e sen ingresos. De repente estaba a cero e sen saber cando remataría todo isto. Houbo días de esperanza, de pensar que volvería traballar polo menos o mes de xuño e podería volver a Compostela, o lugar que xa comezaba a botar de menos; outros días estaba na merda, pensando que o coronavirus duraría un ano e que estaríamos metidos na casa todo ese tempo; e outros simplemente non estaba, nin aquí, nin alá nin en ningures.
Por un momento tiven ritmo de traballo (cos meus hobbies, refírome). Erguíame e dedicáballe un pouco a tocar o acordeón, outro pouco a aprender cancións coa gaita, escribía, debuxaba, palillaba... pero todo cansa, e a novidade dura pouco. Así que empecei a perder as ganas de todo. Ademais nestes dous (case tres) meses tocoume vivir a regra tres veces, e o síndrome premenstrual ía en aumento ao estar metida na casa e illada dos demais. Había días que directamente non sabía o que sentía, estaba sentada no sofá, coa cara fervendo e morrendo de frío, e cun arco da vella e unha tormenta por dentro que se enfrontaban entre eles pero non gañaba ninguén, seguían loitando durante toda a semana previa ao sangrado. E por se fose pouco, deixei a copa menstrual en Compostela e tiven que gastarme un diñeiral en compresas e tampóns, os cales detesto e me dan bastante asco.
Comecei a escribir historias, tres diferentes se non recordo mal. Ningunha pasou das tres páxinas. As miñas historias non teñen nada novo que contar. A novela xuvenil xa ten centos de autores e autoras que relataron e relatan a multitude de situacións e problemas cos que te podes atopar na adolescencia. Eu só son unha persoa frustrada por querer cambiar o seu pasado, e iso non me serve.
Agora teño que ir vestirme e poñer un pouco desa maquillaxe que tapa as marcas da cara e as olleiras, non podo ir a unha entrevista de traballo vestida como ao meu estado de ánimo lle gustaría. E é que si, hoxe teño a miña primeira entrevista de traballo. Deses traballos que fas para ter algo na conta do banco e poder estudar ao mesmo tempo. Bueno, estudar... quen sabe. A administración pública do estado é unha merda absoluta e estou en dúbidas sobre se me darán a chave 365 e o DNI electrónico antes do venres á noite, que é cando pecha o prazo para inscribirse nas oposicións. Que por que non o fixen antes? Iso xa mo dixen eu a min trescentas veces e a conclusión é que temos que deixar de xulgarnos por como nos sentimos e aprender para a seguinte ocasión. Se estou mal, se non levanto cabeza e non teño forza de vontade para facer as cousas non debo culparme, iso só axudaría a estar peor. Teño que axudarme a min mesma, porque de pouco vale que os demais che boten unha man se ti non estás contigo. Aprender do que facemos, melloralo, loitar polo que queremos. E se non consigo facer os trámites a tempo, será porque algo mellor me está esperando. Aínda que me custe crelo, aínda que onte me deran tres boas noticias e hoxe fosen todo paus.

6 comentarios:

  1. Durísima realidad, que conlleva pérdidas de trabajo, desorientación, sentimientos de vacío..pero ya acaba. Ya veráss que pronto, esa nueva normalidad, discutible, nos vuelve a envolver, al menos el trabajo.

    Un abrazo, y cuídate. Todo se arreglará, seguro.

    ResponderEliminar
  2. Así o parecido se han encontrado muchas personas, desde el encierro en una casa cómoda, con comida en la nevera y un trabajo asegurado no se piensa mucho en que está al otro lado. Esperemos que la vida mejore especialmente para los que necesitan mejorar. Un abrazo

    ResponderEliminar
  3. Tengo que ayudarme a mí mismo, porque de poco sirve que otros te ayuden si no estás contigo.
    Me encantó esta frase, te felicito.

    Escribí tanto durante el confinamiento sobre esto...(tiempo, miedos, vacíos, trabajo...) que puedo entender como te sientes. Hay días mejores y días en los que sinceramente, me dejo por imposible.
    Digo yo que algún día todo volverá a su sitio (ya no digo normalidad).
    Besos.

    ResponderEliminar
  4. Cando saen os demos do noso cerebriño, poden sair máis ou menos ordeados e algo aborrecidos, pero tamén poden sair brincando e cheos de ledicia (porque eles tamén poden cantar cando se sinten liberados, non hai que minusvaloralos)... e non hai máis que ler o que escribes, para ver que te saen moi creativos... o que está claro é que non podemos deixar que algunah que outra chave nos vaia pechando portas... deixemólas que sigan "no fondo do mar"!!

    ResponderEliminar
  5. es una pena, aqui el trabajo está fatal, muchos ertes, eres, depidos, y eso afecta enormemente a todo en general.

    ResponderEliminar
  6. É unha mágoa que te atopes así, pero veñen tempos moi duros. Só vou tocar un tema dos que falas: escribir. Xa estaba todo escrito sobre a xuventude o ano pasado a estas alturas, e hai dous anos e hai dez, iso non ten que quitarte a creatividade. Ademáis, non tes que circunscribirte só á cadea da xuventude, hai miles de temas dos que tratar. Tamén é certo que sempre que escribín axudáronme moito os malos tempos e tamén escribir axudoume para que non foran tan malos.

    Non sei, farás o que che pete, pero eu dou a miña opinión. Unha aperta e moito ánimo, joder.

    ResponderEliminar

Grazas!