22.6.20

Recordos do 2010


Ultimamente só me dedico a pensar. Niso paso o tempo. E o tempo lévase os meus días, as miñas semanas, os meus meses... a miña vida. Non sei en que penso tanto tempo... quizais na vida, no que pasou, no que pasa, no que pasará. Nos sentimentos, nas desgrazas, no que son. Penso naquela noite, naquela rúa escura, naquel coitelo afiado no meu pescozo, naquelas mans baixo a miña saia. Recordo a serea da ambulancia, como os médicos berraban, como miña nai choraba. E recordo tamén o primeiro contacto coa máquina que me axuda a respirar agora.

Hoxe atopei este microrrelato gardado nun sobre da miña mesa de noite. Escribino en segundo da ESO (no ano 2010) para un concurso do instituto, e chámame a atención atopar algo escrito sobre este tema aos meus trece anos. Agora miro para atrás e o recordo que teño é que non tiña conciencia nin ninguén nos falaba disto, pero nalgo me tiven que inspirar ou basear para escribilo.

7 comentarios:

  1. No se si todo es historia o solo la mitad o todo es verdad, un relato agrio pero muy bien contado, si es cierto que esta escrito con catorce años apuntabas maneras. Un abrazuco

    ResponderEliminar
  2. Seguramente sea ficción pero es excelente, esa niña tenía talento narrativo, ya lo creo.

    Un abrazo y por un martes bonito para ti

    ResponderEliminar
  3. Desde logo que é micro, en extensión... pero abondo abisal en profundidade... a coidarse!!

    ResponderEliminar
  4. Só ti sabes se é verdade ou ficción. Se é baseado na verdade, agora entendo algunhas cousas e non tería comentado como o fixen dúas entradas máis atrás.

    Non sería capaz xamáis de perdoar algo así.

    Unha aperta forte, e por favor, bótalle unha pouca de cor ós teus pensamentos... aínda que ás veces non sexa doado.

    ResponderEliminar
  5. pues si que es interesante saber que te motivó con esa edad a escribir estas palabras.

    ResponderEliminar
  6. Me quedo tranquila si es un micro inventado (me asusté al empezar a leerte) si ya tenías esa imaginación con 13 años...
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  7. Es que la adolescencia es muy dura, y se suelen escribir cosas más bien oscuras, desdichadas y tristes. Podrías reescribirlo con otra mirada.

    ResponderEliminar

Grazas!